jueves, 20 de mayo de 2010

epidemioloxia

Segundo a OMS existen no mundo máis de 1.100 millóns de fumadores (2002), o que representa aproximadamente un terzo da poboación maior de 15 anos. Por sexos o 47 % dos homes e un 11 % das mulleres neste rango de idade consumen unha media de 14 cigarros/día, o que supón un total de 5,827 billóns de cigarros ó ano. O 74 % de tódolos cigarros consómense en países de baixo-medio nivel de ingresos (Banco Mundial). Tanto para homes como para mulleres, o segmento de idade na que fuma maior proporción é o comprendido entre 30 e 49 anos.

As maiores prevalencias mundiais encóntranse en Vietnam, Corea e República Dominicana en homes (73, 68 e 66 %, respectivamente), mentres que Dinamarca e Noruega preséntana na poboación feminina (37 e 36 % respectivamente). Polo seu elevado volume poboacional, China, India e a Federación Rusa son as que agrupan a maior parte de fumadores do mundo.

Na Unión Europea existe unha redución progresiva do consumo, manténse a maior prevalencia en homes que en mulleres, excepto en Suecia, onde o consumo é algo maior en mulleres (22% homes, 24% mulleres). A maior proporción de fumadores áchase nos países mediterráneos.

A prevalencia en España a tódalas idades (2003) é do 36 % da poboación

En Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública estudou a prevalencia á exposición ó fume de tabaco en 2007 [1], dous anos despois da entrada en vixencia da Lei 28/2005 fronte ó tabaquismo. Algúns dos resultados deste estudo son os seguintes:

* O 63,8% dos galegos non fumadores e o 87,7% dos fumadores declaran estar expostos ó fume do tabaco de xeito diario ou frecuente, no seu traballo, no fogar ou nas actividades de lecer.
* No tramo de idade entre 16 e 24 anos, as porcentaxes son o 91 e o 96,9%, respectivamente.
* En 2005, o 95,2% dos galegos (fumadores e non fumadores) declarábanse expostos ó fume do tabaco. En 2007, esta porcentaxe reduciuse ó 70,6%.
* A redución só é significativa no ámbito laboral, no que as porcentaxes baixaron desde o 41,4% en 2005 ata o 13,8 en 2007, se ben tamén houbo un claro descenso no fogar (desde o 24 ó 16,3%) e nas actividades de lecer (desde o 25,7 ó 16,9%).

No hay comentarios:

Publicar un comentario