lunes, 24 de mayo de 2010

historia

Tanto a Nicotiana rustica como a Nicotiana tabacum son orixinarias de América, e alí as coñeceu o home hai aproximadamente dezaoito mil anos.

Expertos en xenética vexetal determinaron que o centro da orixe do tabaco, o lugar onde se cultivou por primeira vez, sitúase na zona andina entre Perú e Ecuador. Os primeiros cultivos deberon ter lugar entre cinco mil e tres mil anos a.C. Posteriormente o consumo estendeuse cara ó norte. Cando se descobre América, o consumo estaba estendido por todo o continente.

Fumar (inhalar o fume do tabaco) era unha das moitas variedades de consumo en América do Sur. Amais de fumarse, o tabaco aspirábase polo nariz, mastigábase, comíase, bebíase, untábase sobre o corpo, empregábase en gotas nos ollos e usábase en enemas. Utilizábase en ritos soprándoo sobre o rostro de guerreiros antes da loita, esparexíase en campos antes de sementar, ofrecíase ós deuses, derramábase sobre as mulleres antes dunha relación sexual, e tanto homes como mulleres utilizabano como narcótico

Usado polos maias para celebracións rituais e relixiosas, foi descuberto polos occidentais en 1492.

A variedade maia coñecida como Cikar (fumar), estendeuse por todo o continente grazas ó comercio. Rodrigo de Xerez e Luis de la Torre, compañeiros de Cristóbal Colón, foron os primeiros occidentais en coñecer a súa existencia. Rodrigo, á súa volta a España, foi encarcerado pola Inquisición acusado de bruxería, xa que só o diabo podía dar a un home o poder de sacar fume pola boca.

A primeira obra escrita en que se relata a forma nativa de aspirar o fume proveniente de rolos de follas acendidas é Apoloxética historia das Indias de Bartolomé de las Casas (1527). Posteriormente Gonzalo de Oviedo e Velázquez, na Historia Xeral das Indias, describen a planta e os seus usos (1535).

A súa extensión polo continente europeo foi grazas ó embaixador francés en Portugal Jean Nicot 1530 - 1600, que deu nome á nicotina. Este introduciuno na súa forma aspirada (rapé) e popularizouna ó, supostamente, «curar» a Catalina de Médicis (esposa de Enrique II dunhas xaquecas, polo que se lle denominou herba da raíña, Catalinaria Nuduca e herba do embaixador.

Durante o século XX, numerosos estudos médicos foron demostrando os prexuízos do tabaco, e negando a súa posible utilidade terapéutica. Por outro lado, o seu consumo pasou de ser maioritariamente masculino a un maior equilibrio entre sexos.