lunes, 24 de mayo de 2010

historia

Tanto a Nicotiana rustica como a Nicotiana tabacum son orixinarias de América, e alí as coñeceu o home hai aproximadamente dezaoito mil anos.

Expertos en xenética vexetal determinaron que o centro da orixe do tabaco, o lugar onde se cultivou por primeira vez, sitúase na zona andina entre Perú e Ecuador. Os primeiros cultivos deberon ter lugar entre cinco mil e tres mil anos a.C. Posteriormente o consumo estendeuse cara ó norte. Cando se descobre América, o consumo estaba estendido por todo o continente.

Fumar (inhalar o fume do tabaco) era unha das moitas variedades de consumo en América do Sur. Amais de fumarse, o tabaco aspirábase polo nariz, mastigábase, comíase, bebíase, untábase sobre o corpo, empregábase en gotas nos ollos e usábase en enemas. Utilizábase en ritos soprándoo sobre o rostro de guerreiros antes da loita, esparexíase en campos antes de sementar, ofrecíase ós deuses, derramábase sobre as mulleres antes dunha relación sexual, e tanto homes como mulleres utilizabano como narcótico

Usado polos maias para celebracións rituais e relixiosas, foi descuberto polos occidentais en 1492.

A variedade maia coñecida como Cikar (fumar), estendeuse por todo o continente grazas ó comercio. Rodrigo de Xerez e Luis de la Torre, compañeiros de Cristóbal Colón, foron os primeiros occidentais en coñecer a súa existencia. Rodrigo, á súa volta a España, foi encarcerado pola Inquisición acusado de bruxería, xa que só o diabo podía dar a un home o poder de sacar fume pola boca.

A primeira obra escrita en que se relata a forma nativa de aspirar o fume proveniente de rolos de follas acendidas é Apoloxética historia das Indias de Bartolomé de las Casas (1527). Posteriormente Gonzalo de Oviedo e Velázquez, na Historia Xeral das Indias, describen a planta e os seus usos (1535).

A súa extensión polo continente europeo foi grazas ó embaixador francés en Portugal Jean Nicot 1530 - 1600, que deu nome á nicotina. Este introduciuno na súa forma aspirada (rapé) e popularizouna ó, supostamente, «curar» a Catalina de Médicis (esposa de Enrique II dunhas xaquecas, polo que se lle denominou herba da raíña, Catalinaria Nuduca e herba do embaixador.

Durante o século XX, numerosos estudos médicos foron demostrando os prexuízos do tabaco, e negando a súa posible utilidade terapéutica. Por outro lado, o seu consumo pasou de ser maioritariamente masculino a un maior equilibrio entre sexos.

domingo, 23 de mayo de 2010

jueves, 20 de mayo de 2010

tabaco e cancer

Tabaco e cáncer

A primeira evidencia que se ten da súa relación foi suxerida en 1761 por John Hill, que describiu o desenvolvemento de pólipos larínxeos nos fumadores de rapé; dous dos casos que describiu presentaban transformación maligna; esta asociación foi acreditada en multitude de ocasións dende esa época.

En 1941 os traballos de Yamagawa e Ichikawa, demostran por primeira vez a natureza carcinóxena de diferentes hidrocarburos do fume de cigarros.

Posteriormente en 1950 e 1952 os traballos de Doll e Hill publicados en BMJ e usando metodoloxía do tipo estudo caso-control xa suxiren que o tabaco é a principal causa de cáncer de pulmón.

O tabaco relacionouse con diferentes cánceres: cáncer de pulmón, larinxe, orofarinxe, esófago, estómago, páncreas, fígado, colón, recto, ril, vexiga, mama, aparato xenital, linfático

No fume do tabaco hai numerosos compostos químicos canceríxenos que proveñen da combustión, como o benceno, o benzopireno, o óxido nítrico, os derivados fenólicos e nitrosaminas, amais de ser unha fonte importante da nicotina, que se considera un fármaco psicoadictivo.

tabaco e saude

O fume do tabaco componse dunha corrente primaria ou principal, que é a que inhala directamente o fumador, e unha corrente secundaria, xerada mediante a combustión espontánea do cigarro. Identificaronse máis de 4.000 sustancias nocivas no fume do pito, dos cales polos menos 60 son probables carcinóxenos humanos, como os 4-aminobifenolé, benceno, níquel, outras substancias tóxicas son monóxido de carbono, dióxido de carbono, nitrosamidas, amoníaco, e outras están como partículas en suspensión (alcatrán e nicotina).

Loita contra o consumo

Actualmente, a Organización Mundial da Saúde e moitos gobernos loitan contra o tabaquismo por medio da concienciación da poboación (Día Mundial Sen Tabaco, publicidade, etc.), e a prohibición de fumar en lugares públicos ou cerrados.

Contra a industria tabaqueira loitan tamén numerosas asociacións, gañándose importantes xuízos en Estados Unidos, por prácticas como agregar nicotina extra ó tabaco natural. Amais, criticouse duramente a estas empresas por dirixir a súa publicidade cara a nenos e adolescentes, utilizar intensamente publicidade enganosa, como no caso dos cigarros light, e ter patrocinado numerosos estudos supostamente científicos que demostrarían efectos beneficiosos do tabaco, que logo resultarían non ser válidos.

epidemioloxia

Segundo a OMS existen no mundo máis de 1.100 millóns de fumadores (2002), o que representa aproximadamente un terzo da poboación maior de 15 anos. Por sexos o 47 % dos homes e un 11 % das mulleres neste rango de idade consumen unha media de 14 cigarros/día, o que supón un total de 5,827 billóns de cigarros ó ano. O 74 % de tódolos cigarros consómense en países de baixo-medio nivel de ingresos (Banco Mundial). Tanto para homes como para mulleres, o segmento de idade na que fuma maior proporción é o comprendido entre 30 e 49 anos.

As maiores prevalencias mundiais encóntranse en Vietnam, Corea e República Dominicana en homes (73, 68 e 66 %, respectivamente), mentres que Dinamarca e Noruega preséntana na poboación feminina (37 e 36 % respectivamente). Polo seu elevado volume poboacional, China, India e a Federación Rusa son as que agrupan a maior parte de fumadores do mundo.

Na Unión Europea existe unha redución progresiva do consumo, manténse a maior prevalencia en homes que en mulleres, excepto en Suecia, onde o consumo é algo maior en mulleres (22% homes, 24% mulleres). A maior proporción de fumadores áchase nos países mediterráneos.

A prevalencia en España a tódalas idades (2003) é do 36 % da poboación

En Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública estudou a prevalencia á exposición ó fume de tabaco en 2007 [1], dous anos despois da entrada en vixencia da Lei 28/2005 fronte ó tabaquismo. Algúns dos resultados deste estudo son os seguintes:

* O 63,8% dos galegos non fumadores e o 87,7% dos fumadores declaran estar expostos ó fume do tabaco de xeito diario ou frecuente, no seu traballo, no fogar ou nas actividades de lecer.
* No tramo de idade entre 16 e 24 anos, as porcentaxes son o 91 e o 96,9%, respectivamente.
* En 2005, o 95,2% dos galegos (fumadores e non fumadores) declarábanse expostos ó fume do tabaco. En 2007, esta porcentaxe reduciuse ó 70,6%.
* A redución só é significativa no ámbito laboral, no que as porcentaxes baixaron desde o 41,4% en 2005 ata o 13,8 en 2007, se ben tamén houbo un claro descenso no fogar (desde o 24 ó 16,3%) e nas actividades de lecer (desde o 25,7 ó 16,9%).

Tabaquismo

pavas ou cabichas de cigarros

Artigo principal: Tabaquismo

Ten un alto poder adictivo debido principalmente ó seu compoñente activo, a nicotina, que actúa sobre o sistema nervioso central. O fumador sofre unha manifesta dependencia física e psicolóxica que xera un importante síndrome de abstinencia, denominado tabaquismo.

O tabaco é responsable de multitude de enfermidades respiratorias, cardiovasculares, distintos tipos de cáncer, e é moi prexudicial durante o embarazo.

Amais, non só prexudica os fumadores, senón tamén os que respiran o mesmo aire, (fumadores pasivos), inda que non sexan eles mesmos fumadores.

O tabaquismo é a principal causa de morbimortalidade a principios do século XXI

Formas de consumo

Hai moitas formas de consumo, inda que a principal sexa a de aspirar o seu fume, tamén se pode mascar e antigamente se aspiraba en po.

Para fumar, o tabaco picado envólvese nunha folla de tabaco (puro ou cigarro), en papel (pito) ou cunha pipa.
Cigarro puro

No mundo árabe é habitual o tabaco en pipa de auga. Aromatizado con froitas (melocotón, mazá) u outras plantas aromáticas.